Escoitar

A rampla da praia da Mourisca quedará reformada no prazo de quince días

O Servizo Provincial de Costas e o Concello de Vigo iniciaron esta semana a reparación da rampla da praia da Mourisca (tamén coñecida como Matadeiro) e a obras quedará finalizada no prazo de quince días. O investimento ronda os 33.000 euros e inclúe o control arqueolóxico por parte do Concello.

xoves, 7 nov 2019
A reparación da rampla do Museo do Mar hacia a praia de Mourisca (tamén coñecida como Matadeiro), na parroquia viguesa de Alcabre, comezou esta semana por parte do Servizo Provincial de Costas, que se encargará da reforma do acceso ao areal a petición do Concello de Vigo.

Segundo informou o alcalde en rolda de prensa, o importe da obra é de preto de 29.000 euros e outros 4.000 destinados ao control arqueolóxico por parte do Concello. O prazo de execución é de 15 días, polo que os traballos quedarán finalizados este mes de novembro.

Abel Caballero lembro que a rampla estaba en moi mal estado debido aos golpes de mar durante os temporais e que na zona existen dous xacementos de gran importancia para coñecer a historia da cidade.

A obra consiste no desmonte e posterior reconstrución da rampla cos mesmos materiais que quedan, mantendo as súas dimensións e pendente, pero xirando lixeiramente o seu su trazado en planta para encostala ao muro existente.