Conferencia sobre "A influencia da Escola Municipal de Artes e Oficios nas Artes plásticas en Vigo: da formación ao artista"
Dentro do programa complementario da Exposición "A Escola de Artes e Oficios, 130 anos na Historia de Vigo", terá lugar a conferencia A influencia da Escola Municipal de Artes e Oficios nas Artes plásticas en Vigo: da formación ao artista, a cargo de Beatriz de San Ildefonso Rodríguez, o mércores 2 de outubro ás 19.30 na Biblioteca da EMAO.
Beatriz de San Ildefonso Rodríguez, natural de Vigo, licenciada en Xeografía e Historia, sección de Arte nas especialidades de Museoloxía e de Arte Moderna e Contemporánea. Conservadora do Museo de Pontevedra dende 1996 onde realiza tamén labores de documentación, coordinación e comisariado de exposicións temporais. Realizou estudos de artistas co mo Laxeiro, Camilo Nogueria, Rafael Alonso, Antonio Medal, Antonio Davila, Villafinez, Ramón Rivas ou Elena Colmeiro, entre moitos outros. Estes traballos foron publicados en catálogos do Museo de Pontevedra e noutras institucións, como no Dicionario Bibliográfico Español da Real Academia de Historia ou na Enciclopedia Artistas Gallegos da editorial Nova Galicia edicións. Dende 2017 é membro do Instituto de Estudos Vigueses.
Descargar todas as imaxes