Un gran faro preside o novo parque infantil de Bouzas reformado polo Concello de Vigo
O alcalde acudiu este mércores á inauguración do parque infantil de Bouzas, cun faro de oito metros de altura como elemento diferenciador. Ademais, están en obras outros dous parques, o de Maruja Mallo e Jenaro de la Fuente.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu este mércores a inauguración do parque infantil da Alameda Suárez Llanos de Bouzas tras a reforma integral levada a cabo polo Concello cun investimento de 200.000 euros.
O rexedor explicou que o parque tiña os xogos deteriorados e a reforma permitiu ampliar as instalacións ata o dobre, pasado a case 400 metros cadrados. Entre as obras realizadas destaca un elemento singular para a parroquia de Bouzas, un faro de 8 metros con luces e tobogán e un barco de pesca con xogos.
Ademais, o parque é inclusivo e ten 16 elementos novos, ademais do faro, un columpio triple, carrusel, paneis lúdicos, cesta e unha tirolina. Tamén ten solo de caucho con cores de motivos mariñeiros, peche perimetral.
Caballero indicou tamén que están en marcha as obras de ampliación e reestructuración do parque infantil da Praza Maruja Mallo, cun importe de 400.000 euros; e o de Jenaro de la Fuente, cun custe de 500.000 euros.
Descargar todas as imaxes