Escoitar

Expertos en ciberseguridade abordan en Vigo as máis novas solucións de control

A seguridade da produción, a rede OT LIVE, a xestión de riscos e a ciberseguridad "Made in Galicia" foron algúns dos temas que se trataron esta mañá no Congreso de Ciberseguridad industrial celebrado no Hotel AC Palacio Universal. O alcalde saudou esta mañá aos expertos participantes neste encontro profesional.

martes, 11 xuñ 2019
1560257830seginformatica.JPG
"O bo uso da tecnoloxía é clave nos nosos días e nunha sociedade democrática temos que garantir a ciberseguridade, por iso o voso traballo é imprescindible", expresou Caballero aos participantes.

O evento contou, entre outros, coa responsable de ciberseguridad en Balidea e coordinadora do CCI en Galicia, Belén Pérez, e o mentor dixital e world top influencer Industry 4.0 Ramón Suárez, así como representantes de firmas como Tecdesoft, Siemens, Grupo SIA e Nozomi Networks, que presentaron as súas últimas innovacións.
Descargar todas as imaxes