Escoitar

O alcalde salienta o "extraordinario" espectáculo que estrea O Fiadeiro este venres

O Auditorio Municipal acolle o día 24 a estrea de "A viaxe de José do Campo", baseado no libro-disco homónimo editado por O Fiadeiro, un espectáculo que mestura interpretación, música e bailes tradicionais.

martes, 21 mai 2019
1558443294fiadeiro.JPG
Abel Caballero presentou en rolda de prensa este martes o "grande evento cultural" que se estrea este venres ás 21:00 horas no Auditorio Municipal. "A viaxe de José do Campo" reúne 50 persoas en escena entre pandeireteiras, músicos, actores, bailadores, vestiario, son e iluminación e no que participa a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

O rexedor cualificou a proposta do Fiadeiro como de "altísimo nivel" ao mesturar música e arte dramática e folclore con teatro. Así, convidou a toda a cidade a gozar do espectáculo que non ten precedentes "deste nivel e calidade".

Ricardo Solveira, profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia destacou a importancia de aglutinar música en directo, baile tradicional, a recolla antropolóxica realizada polo Fiadeiro e a posta en escena con vestiario plástico e seguimento da tradición estética. Pola súa banda, Miguel Ángel Pena, presidente da Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro manifestou que dende a entidade queren impulsar a tradición cultural galega para que se perciba con todo o seu valor antropolóxico e non soamente festivo.
Descargar todas as imaxes