Escoitar

Os 2,1 millóns da última fase da humanización de Camelias eleva a 7,2 o total da inversión na rúa

O Concello investiu na humanización de Camelias 7,2 millóns dos que 2,1 se corresponden coa última fase, a que vai desde Juan Ramón Jiménez ata a avenida da Hispanidade. Ademais da renovación de redes de abastecemento, saneamento e alumeado, se prevé a creación dun novo espazo público entre os números 19 e 21 da rúa.

luns, 7 xan 2019
1546869108camelias.JPG
O alcalde visitou esta mañá a humanización da última fase da rúa Camelias -entre Juan Ramón Jiménez e Hispanidade -, cun investimento de 2.165.000 euros. Tal e como explicou, os traballos incluirán a renovación de pavimentación, de abastecemento, de redes de alumeado, melloras de seguridade viaria e incorporación do carril bici. A obra inclúe a creación dun novo espazo público entre os números 19 e 21 que permitirá a creación dunha nova senda verde de unión e tamén se demolerá un galpón que permitirá gañar un novo espazo público.

Respecto das zonas verdes, respectaranse os camelios existentes -habilitando espazos axardinados – e se prevé plantar un camelio exemplar no cruce de Camelias con Romil. Outro das novidades será un novo paso de peóns fronte ao ascensor inclinado para darlle continuidade ao corredor que vén desde o Auditorio Mar de Vigo. Tal e como subliñou, esta última fase da humanización eleva a 7,2 millóns o total do investimento na rúa.
Descargar todas as imaxes