Escoitar

Caballero recibiu aos deportistas individuais subvencionados polos seus éxitos na tempada 17/18

O Concello investiu 28.000 euros e o rexedor xa avanzou a deportistas e familiares que "temos que aumentala", en referencia a esta axuda para o deporte individual e das modalidades que compiten como tríos, cuartetos ou quintetos.

xoves, 29 nov 2018
alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiu no seu despacho de Alcaldía aos deportistas de alto nivel que o Concello subvencionou mediante baremo pola súa traxectoria na tempada 2017/18 en campionatos de España, europeos o mundiais. É o terceiro ano consecutivo que o Concello lanza esta convocatoria.

Ata dezaseis deportistas vigueses, once homes e cinco mulleres, de cinco modalidades (bádminton, ximnasia acrobática, tenis, tríatlon e vela), presentaron un currículo internacional espectacular con dous campionatos do mundo de vela (Martín Wizner en 420 junior en Fremantle e Tone Pérez e Laura Llópiz na categoría mixta de Vaurien en Travemunde), dúas Copas do Mundo en triatlón (Susana Rodríguez Gacio, Xapón) e tenis (Martín de la Puente, Portugal) e victorias no circuito europeo de bádminton (Jacobo Fernández, Austria) e tenis (Martín de la Puente, Suíza).

O Concello investiu 28.000 euros neles e o rexedor xa avanzou a deportistas e familiares que "temos que aumentala", en referencia a esta axuda para o deporte individual e das modalidades que compiten como tríos, cuartetos ou quintetos.

Caballero, que recibiu tamén aos familiares dos deportistas, recoñeceu que "o deporte individual é moi caro, sei que os gastos son moitos" e por iso valorou especialmente o esforzó de deportistas. O alcalde lembrou aos presentes que "á mocidade lle gustaría ser como vós" porque "sodes líderes nos vosos deportes", pero incidiu tamén de xeiro rotundo en que "tedes que compatibilizar o deporte, que ten un percorrido determinado, cos estudos; tedes que estudar, facer una carreira ou a FP, pero estudade".