Escoitar

O Concello asumirá o aluguer da nova nave do Banco de Alimentos, na Avenida Alcalde Lavadores

Abel Caballero visitou esta mañá as novas instalacións do Banco de Alimentos, unha nave situada na Avenida Alcalde Lavadores. Durante a inauguración desta nova sede, agradeceu no nome da cidade a labor que realiza esta entidade.

martes, 23 out 2018
1540298511banco.JPG
O alcalde de Vigo eloxiou esta mañá a labor da directiva e dos voluntarios do Banco de Alimentos, durante a inauguración da nova nave situada na Avenida Alcalde Lavadores. Durante a súa intervención, agradeceu a súa labor no nome de toda a cidade e comprometeuse a sufragar o aluguer desta nave, tal e como xa viña facendo coa anterior sede desta entidade. Ademais desta cantidade, o Concello achega outros 43.000 euros para colaborar coa actividade da ONG.

Na inauguración estiveron presentes o vicepresidente e a presidente do Banco de Alimentos, Pedro Pereira e Iván Martínez, así como un responsable nacional da entidade.
Descargar todas as imaxes