Música para a primeira pedra da humanización da rúa Vía Norte
Abel Caballero asistiu este luns á posta da primeira pedra da humanización de Vía Norte. A obra ten un orzamento de 2,3 millóns e inclúe un elemento escultórico na confluencia con Urzaiz. O acto celebrouse con música de violonchelo.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, puxo este luns a primeira pedra das obras para renovar a rúa Vía Norte, entre Urzaiz e Escultor Gregorio Fernández. Acompañado polo tenente de alcalde, David Regades, e o concelleiro Santos Héctor, o rexedor inaugurou as obras con música de violonchelo.
A actuación abarca 2.100 metros cadrados de beirarrúas e 3.800 de calzada. Inclúe un elemento escultórico entre Urzaiz e Vía Norte e renovación de pluviais, saneamento e abastecemento, así como 33 novos puntos de luz, 11 papeleiras, 6 bancos, 17 xardineiras e 20 árbores.
Caballero definiu o inicio da obra coma "unha boa noticia" e procedeu a enterrar a "cápsula do tempo" cos xornais do día e varias moedas.