A grada de Río en Balaídos xa está cuberta ao 98% para o partido ante o Barcelona
O alcalde de Vigo confirmou este xoves que o 98% da cuberta da grada de Río xa está instalada para o partido entre o Celta e o Barcelona da Copa do Rei a disputar esta tarde. "Quedan unhas chapas cun corte especial que instalaranse nos vindeiros días, pero é unha boa noticia porque a empresa recuperou o tempo perdido tras detectar unha peza defectuosa", sinalou Abel Caballero.
