Escoitar

A cabalgata de Reis comeza mañá venres ás 18:00 horas en Isaac Peral

O alcalde explicou que as previsións meteorolóxicas prognostican que non choverá dende as 16:00 horas da tarde e ata as 20:00 horas polo que se mantén o plan previsto e a comitiva das Súas Maxestades partirá de Isaac Peral ás 18 horas da tarde. Ademais, Caballero avanzou que o Certame de rondallas de Vigo terá lugar o domingo 14 de xaneiro no Pavillón das Travesas coa presenza das rondallas de Freixo, Beade, Valladares e Zamáns no Pavillón das Travesas.

xoves, 4 xan 2018