Caballero reclama ao Goberno o decreto sobre pobreza enerxética sexa máis social
O presidente da FEMP reclamou un criterio único para determinar en todo o territorio que consumidores se atopan en risco de excusión social. Pide fixar idénticas coberturas e criterios ante consumidores vulnerables en toda España, e tamén, que as Comunidades Autónomas participen no financiamento da factura dos que se encontran en situación de risco social.
O presidente da FEMP, Abel Caballero, anunciou hoxe que a Federación solicitou unha reunión "urxentísma" co Goberno de cara a completar o Real Decreto en materia de pobreza enerxética, unha normativa orixinada, segundo recordou, pola demanda da FEMP pero que, finalmente, resulta "insuficiente". Segundo explicou en rolda de prensa tras a celebración da Xunta de Goberno, a Federación solicitará ao Executivo a aclaración de catro aspectos deste texto, para dotalo dun carácter máis social, detallando cuestións concretas como os criterios que se teñen que seguir en todo o territorio para determinar cando se atopa un consumidor en risco de exclusión.
En concreto, o presidente da FEMP reclama máis cobertura para as persoas e as familias en risco de exclusión, maiores garantías de que non se lles vai cortar o subministro, que todos os cidadáns en dificultades teñan as mesmas garantías en todo o territorio e, por último, que se especifique no decreto a forma de financiamento da factura dos que se atopan en risco de exclusión, coa participación na mesma das comunidades autónomas.
Caballero, ademais, insistiu en pedir máis axudas para as familias e persoas que se atopan en dificultades e incidiu en pedir máis garantías antes do corte do subministro, en liña co que esixiu ao goberno o pasado mes de decembro: que non sexa a compañía subministradora a que decida sobre o corte de enerxía, senón que se conte cun informe do concello sobre a vulnerabilidade do consumidor, "que non se poida cortar o subministro eléctrico a ninguén sen un informe previo dos servizos sociais dos concellos".
Plusvalía
Abel Caballero tamén informou sobre a petición doutra reunión urxente, neste caso, para avanzar en materia dunha nova normativa sobre plusvalías. O presidente da FEMP asegurou que urxe atopar unha solución "queremos que se aprobe unha nova norma, que sexa o antes posible e que empece este mesmo ano" e precisou que esta solución ten que ser en "réxime transitorio", ata a elaboración dun criterio definitivo que recolla a futura normativa sobre financiamento local.
Asi mesmo, subliñou que os concellos deben ser compensados ante as posibles perdas que se deriven da falta de recadación deste tributo, para o que pediu que a futura norma manteña, se fora preciso, os actuais coeficientes.