O alcalde convida á cidade a participar na III Marcha sobre rodas de ASPACE
Organizada pola Federación Galega de Asociacións de Atención a Persoas con Parálise Cerebral, celebrarase o domingo 18 de xuño e partirá de Bouzas para finalizar en Samil<br />
Abel Caballero animou hoxe a todos os vigueses, de calquera idade e condición física, a participar na III Marcha sobre rodas, organizada pola Federación Galega de Asociacións de Atención a Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE -GALICIA) e coa colaboración do Concello. "É unha marcha chea de sentimentos", asegurou Caballero, que indicou que constará de dous percorridos adaptados a todos os asistentes, un de 3,8 quilómetros para peóns e outro de 10 quilómetros para os ciclistas. A saída será desde o Pavillón Pablo Beiro (Bouzas) e finalizará no Museo Verbum.
A inscrición é gratuíta, aínda que desde a organización indicaron que se realizarán algunhas accións como a venda de chapas e un bote solidario e todo o que se recade destinarase a comprar material de apoio para os usuarios das entidades.
Pola súa banda Concepción Somoza, xerente de APAMP, destacou que se trata dunha marcha que se organiza a nivel autonómico, "xa a celebramos en Pontevedra e na Coruña, con máis de 700 persoas, polo que en Vigo esperamos chegar aos 1.000", afirmou.
A xerente explicou que a maioría das persoas nos seus centros desprázanse en cadeira de rodas pero indicou que os participantes tamén poden ir con carriños de bebés, patíns ou skaters. "O obxectivo da marcha é visibilizar ao colectivo e as súas necesidades e reivindicar a necesidade da accesibilidade. Vigo é unha cidade cada vez máis accesible pero aínda hai moito que facer en accesibilidade ao lecer, ao mercado laboral, etc.", afirmou.
As acreditacións poderanse facer desde as 10.00 da mañá do día 18 pero hai que inscribirse previamente na web dos organizadores. Todos os participantes recibirán dorsal, camiseta e mochila e participarán nun sorteo de agasallos.
Descargar todas as imaxes