O Concello distingue os mellores deportistas na "Gran gala do deporte"
A cuarta edición da Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa comarca celebrarase o 7 de marzo ás 20:00 no Centro Cultural Caixanova.
O evento, organizado pola Concellería de Deportes, a Fundación Vide, Faro de Vigo e Caixanova premiará o esforzo dos mellores deportistas e empresas da zona que impulsaron actividades.
O sistema de selección previa de galardonados realízase a través de cada federación que propón ao mellor deportista do ano. O xurado decide finalmente os premiados segundo os éxitos acadados e está integrado por un representante de Faro de Vigo, outro de Caixanova e os tres últimos concelleiros de Deportes Javier Álvarez Salgado, Chema Figueroa e Santiago Domínguez.
As mencións especiais son para empresas que destacan pola súa dedicación e apoio e, nesta edición, premiaranse a PSA-Peugot Citroen e Vieirasa. Condecorarase tamén a Manuel Fernández de Sousa Faro pola organización do Concurso de Saltos Internacional, a Oliva Román Rodríguez, Aique González Comesaña, Anfiv B.C. Tamara Echegoyen Domínguez e Clara Giraldo Presa cunha mención especial.