Escoitar

"CONVOCATORIA ESPECÍFICA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS DE VIGO EN RELACIÓN Á ACTIVIDADE DEPORTIVA DA TEMPADA 2016/2017"

<br />

venres, 31 mar 2017
A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria e urxente do 21 de marzo de 2017, adoptou o seguinte acordo: Aprobar as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo sen ánimo de lucro para as actividades e proxectos deportivos da tempada 2016/2017 (BOP 29 de marzo de 2017), e a tal fin destina no seu orzamento do ano 2017 con cargo á partida orzamentaria 3410.489.00.00 "Subvencións a clubs e entidades sen fin de lucro, un importe total de 750.000,00 euros (Sete centos cincuenta mil euros).
Esta convocatoria, está destinada a Clubs deportivos, asociacións e agrupacións deportivas, e entidades deportivas que teñan o seu enderezo social en Vigo e que cumpran os requisitos que establece esta convocatoria, co obxecto de contribuír a financiar os gastos ocasionados polo funcionamento das entidades deportivas da cidade e a súa actividade deportiva na tempada 2016/2017.
Tal como establecen as bases, o prazo para presentar as solicitudes, será de 20 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
As bases e os anexos desta convocatoria atópanse dispoñibles ao público na páxina Web do Concello, www.vigo.org e na Concellería de Deportes (Pta. 10ª do Concello de Vigo).