Escoitar

BANDO "CABALGATA DE REIS DO CONCELLO DE VIGO"

Co gallo da Cabalgata de Reis adoptaranse as seguintes medidas en materia de tráfico e seguridade para o xoves, 5 de xaneiro de 2017:

mércores, 4 xan 2017
Percorrido e horarios

A saída da comitiva da Cabalgata de Reis está prevista para as 18,00 horas e percorrerá as rúas Isaac Peral (dende a rotonda), Areal, Oporto, García Barbón, Policarpo Sanz e Porta do Sol. Remate en Paseo de Alfonso XII.

O remate esta previsto no Paseo de Alfonso XII as 20,00 horas aproximadamente. A montaxe da comitiva farase a partir das 15,00 horas entre a rotonda de Isaac Peral e a rotonda de Sanjurjo Badía. O desmonte da comitiva terá lugar no Paseo de Alfonso XII, rúa Romil e rúa Cachamuiñas.

A recepción do Alcalde ás SSMM os Reis Magos está prevista na Praza da Princesa ao remate da Cabalgata.

Desviacións
- Os vehículos que intenten acceder ás rúas do percorrido da cabalgata non poderán facelo dende as horas establecidas.
- Aqueles vehículos que circulen pola avenida de Galicia terán que desviarse pola avenida de Bos Aires á Travesía de Vigo e centro da cidade, ou ben facelo por Sanjurjo Badía para entrar na rotonda de Julián Estévez e os túneles de Areal-Beiramar.
- Recoméndase a circulación pola avenida de Bos Aires e Travesía de Vigo, así como baixar a Julián Estévez dende Enrique Lorenzo, para poder tomar o túnel ata chegar á rúa Coruña e Bouzas.
- Recoméndase non circular pola rúa Torrecedeira e facelo pola rúa Beiramar para os que leven destino Teis e pola rúa Coruña-Gran Vía para os que vaian con dirección Travesía de Vigo.
- Queda pechado trafico o acceso dende a rúa Progreso por Doutor Cadaval, non podendo saír á Porta do Sol.
- Recoméndaselles aos vehículos procedentes de Bouzas-Beiramar a utilización da rúa Coruña, Praza de América e Gran Vía para os destinos de Gran Vía e Calvario.
- Os vehículos precedentes da autoestrada con saída Alfonso XIII, e os que baixen por esta rúa, desviaranse pola rúa Cervantes.
- Os vehículos que procedan do Calvario pola rúa Urzaiz terán que ser desviados no cruzamento con Vázquez Varela.
- Recoméndase a utilización da circunvalación de Arquitecto Palacios.
- Aconséllase aos vehículos que procedan da praza de España con destino á zona de Beiramar a utilización da Gran Vía, Praza de América e rúa Coruña para chegar ao seu destino.
- Os vehículos que circulen pola Gran Vía con dirección ás rúas Alfonso XIII e García Barbón desviaranse no cruzamento da rúa Lepanto con sentido ascendente á rúa Urzáiz.
- Anularase a saída da autoestrada por Isaac Peral.
- Aos vehículos que circulen pola Travesía de Vigo con dirección a García Barbón non se lles permitirá chegar facendo que xiren na rotonda de San Lourenzo.
- Os vehículos que circulen pola rúa Areal desviaranse a altura da rotonda da "Paelleira".
- Soamente se permitirá baixar pola rúa Urzáiz dende os diversos cortes a aqueles vehículos que pretendan utilizar os estacionamentos públicos ou privados.

Peches de tráfico
• A partir das 09,00 h., non se permitirá o aparcamento de vehículos en todo o percorrido.

Os cortes produciranse a partir das 16,00 h. en:

Sanjurjo Badía: DESVIO cara o centro polo Túnel de Beiramar.
Julia Minguiñón: Acceso e Saída cara a Montecelo Baixo.
Doutor Cadaval: DESVIO por López de Neira.
AP-9-Alfonso XIII: DESVIO por Cervantes.
Urzaiz-Vía Norte: DESVIO Vázquez Varela.
Magallanes: DESVIO Urzaiz cara o Calvario.
Gran Vía: por Urzaiz cara o Calvario.
AP-9 Saída a Isaac Peral: Túnel de Beiramar ou Alfonso XIII Cervantes.
República Argentina: DESVIO Uruguay-Cervantes.
Numancia: DESVIO na rotonda de San Lorenzo.
Areal: Paelleta e túnel
García Barbón entre Oporto e Isaac Peral:Isaac Peral-San Lorenzo.
Rosalía de Castro:cara a Miragalla-Isaac Peral-San Lorenzo.
Colón: DESVIO por Arenal e túnel ou Alameda.
Reconquista: DESVIO Márques de Valladares.
Márques de Valladares: DESVIO Rosalía de Castro-República Arxentina
Casco Vello: Saída cara Fermín Penzol.
Pi y Margall: CORTADO acceso a altura de Llorente DESVIO cara a Praza América.
Romil: CORTE do acceso dende Camelias.

Observacións

- Procederase a sinalización de todo o percorrido con 48 horas de antelación para prohibir o
estacionamento.
- Procederase valado de todo o percorrido o mesmo o 5 de xaneiro para garantir a seguridade do público.
- A partir das 9:00 horas non se permitirá o aparcamento en todo o percorrido.
- Permanecerá cortado o tráfico o percorrido ata que sexa completado o desmonte do valado e detrás o servizo de limpeza repoña as condicións normais da rúa.
- Non se permitira a instalación de terrazas en todo percorrido.
- Non se permitirá a instalación de postos de venda ambulante no recorrido da cabalgata.
- Habilitarase os pasos de peóns existentes no percorrido para o cruce da calzada baixo vixilancia de Protección Civil.
- Baixaranse os bolardos da rúa Santiago no momento da chegada da Cabalgata ao Paseo de AlfonsoXII.
- Soamente permitirase baixar por Urzaiz para os accesos os aparcadoiros soterrados.
- Soamente permitirase baixar por Urzaiz para os accesos os aparcadoiros soterrados.
- Habilitarase no horario da cabalgata o Calexón de Miragalla en sentido contrario á circulación para aparcadoiro de Taxis de servizo a estación de tren, con entrada pola rúa Numancia e Doctor Canoa, Isaac Peral, García Barbón, Rosalía de Castro e Miragaia e saída a inversa por García Barbón, Isaac Peral, e Antón Beiras cara a Travesía de Vigo
- Desaconséllase totalmente a utilización desta zona agás aos que teñan o seu destino na mesma ou ós usuarios da autoestrada.

Punto de encontro de nenas/os perdidos, postos de emerxencias e zona reservada.

- Establecerase catro postos destacados de emerxencias: rúa Alfonso XIII; no cruzamento Colón-Urzáiz; rúa Miragaia e rúa Doutor Cadaval e dous postos de atención a nenos/as perdidos no lateral da igrexa de Santiago de Vigo e Porta do Sol.
- No caso de perdas de nenos/as, dirixirse aos voluntarios/as de Protección Civil, Cruz Vermella, Organización e ós axentes da Policía Local.
- Establécese unha reserva de espazo para persoas con mobilidade reducida no cruzamento da rúa de Alfonso XIII con García Barbón (diante de Santiago de Vigo).

Recomendacións finais

- Evitar o uso dos vehículos particulares
- A chegada os aparcadoiros con antelación.
- Evitar o estacionamento indebido de vehículos no centro das calzadas nos treitos cortados, xa que son necesarios corredores de emerxencia de ambulancias e bombeiros.
- Evitar a concentración de público na zona de montaxe da comitiva na rúa García Barbón entre o nó de Isaac Peral e a rotonda de Julián Estévez e Sanjurjo Badía.
- Manter control sobre os nenos, evitando a súa perda e que se abalancen preto das carrozas na busca de caramelos.
- Atender as instrucións da Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella e persoal de seguridade da Organización.