O III Certame de Rondallas de Vigo contará con 13 formacións este domingo no IFEVI
O alcalde apunta que co festival Vigo quere "manter a tradición" das rondallas, que poñen en valor o folclore tradicional. Organizado e financiado polo Concello coa cooperación da Deputación, comeza este domingo ás 17:00 horas, coa presenza de conxuntos de Vigo, Mos, Porriño, Nigrán e Gondomar.
O Recinto Feiral de Vigo acolle este domingo a partir das 17:00 horas da tarde o III Certame de Rondallas de Vigo co que o Concello quere "poñer en valor e manter a tradición" deste movemento musical e folclórico dun "valor excepcional", en palabras de Abel Caballero.
O rexedor sinalou que as rondallas son propias dunha zona concreta – Vigo, Mos, Gondomar, O Porriño-, e que axudaron a manter o folclore e a fusionar diferentes formas de entendelo que implicaban a toda a parroquia que buscaban instrumentos musicais elaborados ou rudimentarios cos que facían a música tanto das rondallas como dos Ranchos de Reis.
Na edición do vindeiro domingo no IFEVI participan 13 rondallas: as viguesas CCAR Valladares, CC Helios de Bembrive, CSRC de Beade, CCV de Zamáns e CC de Freixo; tres de Mos: CC Santa Eulalia, CC de Herville e CC Santiaguiño de Guizán, dúas de Porriño: CC de Atios e AC de Pontellas; unha de Nigrán: CC Parada e dúas de Gondomar: a Nosa Merced de Chaín e CC de Vincios.
O certame está organizado e financiado por Concello, coa cooperación da Deputación de Pontevedra