Escoitar

Caballero participa na rúa Príncipe nun acto de promoción do aceite de Xaén

Abel Caballero e Carmela Silva acompañaron ao presidente da Deputación de Xaén, Francisco Reyes, nun acto de promoción de aceite desta provincia organizado na rúa Príncipe. Logo de darlle a benvida a Vigo ás autoridades xienenses, Caballero animou a toda a cidade a probar o que definiu como o "mellor aceite do mundo". <br />

venres, 18 nov 2016
1479477771aceite.JPG
aballero e Silva apoiaron esta mañá ao responsable provincial de Xaén, Francisco Reyes, e máis á delegada do Goberno da Xunta de Andalucía en Xaén, Ana Cobo Carmona, na presentación do que foi a Feira do primeiro aceite de Jaén. Case 90 empresarios da zona trasladáronse a Vigo para difundir os mellores aceites virxes, os da primeira colleita, ademais da cultura oliveira e os principais destinos turísticos da rexión. En declaracións aos medios, Caballero deulles a benvida á cidade amosando o "gran orgullo" porque teñan elixido Vigo para a presentación do que cualificou como o "mellor aceite do mundo".
Descargar todas as imaxes