O Marisquiño, Malú e as actividades infantís, citas destacadas das festas viguesas en agosto
O alcalde sinalou este luns o bo funcionamento das festas da cidade durante o mes de xullo e avanzou algúns dos eventos destacados previstos para este mes de agosto, como O Marisquiño ou o concerto de Malú este venres no IFEVI.
O rexedor vigués referiuse este luns ás festas de verán da cidade que están "indo ben" e das que destacou, durante o mes de xullo, a celebración de varios concertos ao aire libre no Auditorio de Castrelos como foron os ofrecidos por Antrax+Aphonnic, Auryb, Antonio Orozco, o espectáculo La Noche Movida con Jaime Urrutia, Pablo Carbonell, Javier Gurruchaga, Nacho García Vega, Alejo Stivel, Nacho Campillo e Nacho García Vega ou o da Coral Casablanca.
Abel Caballero puxo en valor a boa acollida doutras propostas do programa de festas de verán como foi o caso do Festival Illas Cíes que trouxo ao Auditorio Mar de Vigo a Touinho e Maria Creuza, Quilapayún e o guitarrista Steve Vai. Ademais, durante o mes de xullo, desenvolveuse o Festival Folclórico Internacional con actuacións en barrios e rúas viguesas e esta pasada fin de semana o Festival Midnight Water Colour que foi "espectacular" e encheu a contorna de Samil de cor.
As festas de verán organizadas polo Concello ofrecen este mes de agosto outras citas, das que o alcalde destacou esta mañá o concerto de Malú, que se celebra este venres no IFEVI, O Marisquiño que levará a cultura e os deportes extremos ao Paseo das Avenidas e a Praza da Estrela entre o 12 e o 14 de agosto ou o concerto de Original Blues Brothers Band o 20 de agosto na Porta do Sol.
Ademais continúan as actividades infantís que se organizan cada día nos barrios da cidade; este luns serán no Farol de Urzáiz, Colón e Príncipe e mañá terán lugar en Bouzas e ao longo da semana chegarán a Teis, Praza da Independencia e Navia. Prosegue tamén o ciclo de concertos das Bandas de Música viguesas: este luns toca Atlántida de Matamá na Praza da Princesa e mañá martes As Delicias de Caeiro no mesmo escenario, ambos concertos serán ás 20:30 horas.