O Concello emprende un programa de restauración do parque do Castro
A Concellería de Montes, Parques e Xardíns desenvolve un programa integral de restauración do parque do Castro encamiñado a recuperar as zonas especialmente degradadas, ó mesmo tempo que se contempla unha melloría xeral do conxunto. Este plan aplicouse inicialmente como consecuencia dos temporais padecidos na tempada outono-inverno do 2000-2001 e debido ós abundantes destrozos sufridos no referente ó arbolado, taludes, camiños e mobiliario no parque do Castro.
Deste xeito, a proposta centrouse fundamentalmente na restauración do arborado, recollida de pluviais, formación de accesos empedrados as zonas de especial interese e remodelación do mobiliario.
Con estes criterios empezouse a desenvolver un programa de actuacións consistentes en:
1) Podas de saneamento do arborado (ramaxes secas, ramaxes desestructuradas e ramaxes degalladas) co dobre obxectivo de reducir o risco de caída do arborado e favorecer a aireación interior do conxunto e así reducir o risco de propagación de enfermidades. Deste xeito actuouse en 237 unidades de arborado.
2) Restauración de camiños e formación de cunetas de recollida de pluviais nunha lonxitude aproximada de 1360 M/L.
3) Adecuación de recintos empedrados en zonas de especial interese (estanque Curros Enríquez, plataforma mirador no interior do Castelo e os accesos ós parques infantís).
4) Substitución de 83 papeleiras plásticas por papeleiras metálicas de fundición mais acordes co entorno e mais resistentes as agresións, así como a colocación de 17 bancos novos.
5) Plantación de 76 unidades de arbolado diverso (liquidámbar, faias, ginkgos, etc.)
A realización de todos estes labores provocaron unha notable mellora no parque que unida á intensificación dos programas de mantemento está a xerar uns bos resultados aínda a pesares das constantes agresións que veñen sufrindo os elementos dos xogos infantís, as esculturas e o mobiliario en xeral, dándose a circunstancia que a escultura situada no parque infantil (ó lado do bebedoiro) sufriu tres agresións en 2 meses.
Na actualidade séguese traballando con estes criterios, fundamentalmente na zona do circuíto de bicicletas e pista de patinaxe co obxectivo de potenciar os usos alternativos que as dotacións alí instaladas ofrecen en materia deportiva.
A continuación deste programa, tanto de mellora como de mantemento, alcanzará os obxectivos que xa se poden ir apreciando de forma notable, por iso a Concellería de Montes, Parques e Xardíns seguirá traballando con este programa durante o 2003.
Descargar todas as imaxes