Axardinamento do bordo litoral da praia de Santa Baia en Alcabre
As obras para o axardinamento do bordo litoral da praia de Santa Baia en Alcabre adxudicáronse o pasado día 30 de decembro do 2002 segundo o proxecto elaborado pola Concellería de Montes, Parques e Xardíns.
Este bordo ocupa unha superficie de terreo de 19.349 m2 e estructúrase nunha zona de pradeira, nun paseo no bordo litoral e en espacios destinados a estancia. Os primeiros traballos a realizar serán os de limpeza, desbroce por medios mecánicos e tratamento con herbicida non residual para a eliminación da vexetación espontánea. A continuación efectuarase a nivelación do terreo.
Unha vez nivelado, procederase á eliminación das raíces grosas da vexetación espontánea e o volteo do terreo. A continuación, previo análise das características físico-químicas do solo, efectuaranse os labores de abonado e sementeira nunha superficie de 13.641 m2 onde se utilizarán especies adecuadas o litoral (Festuca arundinacea, Lolium perenne...)
O paseo do bordo consolidarase con xabre compactado ademais da formación de cunetas a ceo aberto para a recollida das augas pluviais procedentes das zonas verdes. Dadas as características do solo, de composición moi areosa, faise imprescindible a instalación dun sistema de rega automatizado para garantir o aporte de auga demandada polo céspede, polo que se procederá a distribución de 10 sectores de rega que cubrirán convenientemente as necesidades das superficies a regar.
Nas zonas de estancia colocaranse bancos e bebedeiros para completar a actuación. As obras iniciaranse a finais do mes de xaneiro e estímase que rematen nun prazo de 3 meses.