Caballero pide aclaracións ao Goberno sobre a plena entrada en vigor da reforma local
Os servizos xurídicos da Femp considera que supeditar a plena vixencia de LRSAL á financiación autonómica e local non suspende a entrada en vigor da reforma o próximo 1 de xaneiro. O rexedor envioulle unha carta ao secretario de Estado de Administracións Públicas, Antonio Beteta, solicitando as oportunas aclaracións.
O alcalde de Vigo e presidente da Femp, Abel Caballero solicitou "aclaracións" ao secretario de Estado de Administracións Públicas, Antonio Beteta, respecto da entrada en vigor da reforma local en materia de prestacións de servizos sociais desde as entidades locais, ante as dúbidas suscitadas pola comunicación da devandita Secretaría de Estado.
O pasado 3 de novembro, Antonio Beteta, enviou unha carta ao presidente da Femp na que explicaba que o "traspaso de competencias sobre servizos sociais establecido na reforma local está supeditado a un novo sistema de financiación e local". Por tanto, engadía a comunicación, "as competencias en canto á atención primaria da saúde, servizos sociais e educación, deberán continuar sendo prestadas polos concellos".
Caballero anunciou esta mañá o envío dunha contestación na que lembra que "unha carta do secretario de Estado non basta para paralizar unha lei", á vista dos informes dos servizos xurídicos da Femp. Na súa opinión, unha carta "non modifica o marco normativo previo, toda vez que "a futura financiación autonómica e das facendas locais non opera como condición suspensiva para a entrada en vigor de LRSAL". Por isto, o presidente da Femp reclama a posta en marcha de mecanismos que outorguen ás entidades locais suficiente seguridade xurídica sobre os prazos de aplicación da norma.