Escoitar

Os internautas poderán consultar unha nova ”Guía cidadá”

martes, 3 dec 2002
A concelleira de Participación Cidadá, Mariló Cabaleiro, presentou a ”Guía cidadá” da que se distribuirán 2.000 exemplares en formato cd-rom e se poderá consultar en internet no portal dixital www.cidadansvigo.org

Cabaleiro explicou que a edición desta guía é un paso máis do traballo desta concellería por contribuír ao dereito da información. A actualización constante da guía a través de internet posibilitará a oferta precisa e exacta de datos de interese para os cidadáns. O orzamento desta guía electrónica foi de 18.000 euros.

Os apartados que contén a guía son organización municipal, servicios, datos, teléfonos de urxencias, educación, directorio de utilidade, administracións públicas e festas.

GUÍA CIDADÁ