O Concello recibiu no primeiro día 150 solicitudes para as axudas de vivenda, enerxía e alimentos
Dotado con 2 millóns de euros para as familias con menos recursos, Abel Caballero informou que hoxe mércores, no primeiro día de prazo para optar ao Programa Municipal de Axudas Extraordinarias a Familias, o Concello de Vigo atendeu un total de 150 solicitudes.
En declaracións aos medios, o alcalde de Vigo explicou que o goberno local seguirá atendendo cada día a 150 solicitantes, despois de que hoxe se abrira o prazo tras terse publicado onte no BOP as bases e a convocatoria do programa.
A publicación no BOP de onte das bases e convocatoria do programa permitiu ao Concello abrir desde hoxe mércores, e ata o 9 de xuño, o prazo de recepción de solicitudes para este programa, que adica 2 millóns de euros a pagos de aluguer/hipoteca, enerxía e alimentos das persoas ou familias viguesas con menos recursos. Os interesados poden presentar a súa documentación no rexistro xeral do Concello de Vigo, en horario de 9 a 13:30 horas.
Como novidades, as bases recollen que as familias unifamiliares e de dous membros teñen acceso ao programa municipal, que "é compatible" coas achegas ao aluguer que concedan outras administracións, segundo puntualizara onte Caballero. Os requisitos recollidos na convocatoria para optar ao programa esixen estar censado en Vigo desde hai tres anos como mínimo, ademais de que todos os membros da unidade familiar compartan vivenda co solicitante desde o 1 de xaneiro deste ano -de acordo co padrón municipal-, que ningún membro dispoña dunha vivenda que non sexa o domicilio habitual e que as rendas económicas non superen uns topes máximos establecidos en función do número de persoas e unha vez descontados os gastos de vivenda.
Unha comisión técnica será a encargada de valorar todas as solicitudes presentadas e puntualas en función dos baremos establecidos as bases, resultando así a axuda económica concedida para cada solicitude aceptada. Unha vez resolta a convocatoria, e dependendo das circunstancias particulares de cada solicitante, o Concello de Vigo prioriza o abono dos pagos pendentes de aluguer ou hipoteca e as mensualidades posteriores ata decembro de 2015, para satisfacer, en segundo lugar, a cantidade restante da axuda municipal concedida para enerxía e alimentación.