O goberno de Vigo e Iberia Express estudarán en dúas semanas establecer a conexión Vigo-París
Segundo informou o alcalde, o Concello contactou este venres con Iberia Express para plantearlles facer o voo Vigo-París, despois da cancelación da ruta anunciada por Air France, actual operadora desta conexión. Caballero explicou que a compañía de baixo coste xa estaba a estudar esta posibilidade e avanzou que en dez ou quince días se celebrará a primeira reunión.
O alcalde afirmou que Iberia Express conecta actualmente Vigo con Madrid "sen ningunha axuda e con extraordinaria eficacia, e polo tanto parécenos que podería ser tamén unha compañía con capcidade para facer o voo Vigo-París".