Caballero avanza que Vigo será no mes de xuño o único concello europeo con débeda cero
O alcalde anunciou esta mañá que Vigo será o único municipio de Europa sen débeda a partir do mes de xuño. Esta "exemplar" xestión económica é compatible con ser o concello de España que mellor paga a proveedores -xunto con Alicante-, segundo ratifica o propio Ministerio de Facenda.
O último informe trimestral de Tesourería determina que Vigo ten un periodo medio de pago a proveedores de 10,5 días, o que o coloca como o mellor "pagador" de España -xunto con Alicante-. Así o transmitiu hoxe luns o rexedor ao tempo que indicou que a Xunta cumpre coas súas obrigas nun prazo de 21,19 días.
Seguindo con datos, Caballero indicou que o mes de xuño a débeda do Concello vai ser de cero, baixando desde os 15,9 millóns que tiña en febreiro deste ano, o que supón un 6,8% do orzamento. Pola contra, a débeda da Xunta é de 9.961 millones, duplicando a que existía en 2009, situada en 4.859 euros. A evolución da débeda en Vigo pasou de 55 millóns en 2007 á débeda cero en xuño. Por habitante, a débeda da Xunta é de 3.625 euros, mentres que a de Vigo, sitúase en 53,9 euros. Caballero rematou explicando que é o Ministerio de Facenda o que cualifica de "exemplar" a xestión de recursos, débeda pública e pago a proveedores.