A Comisión de Xustiza acordou solicitar a axilización de procedemento de xuízos rápidos nos casos de violencia doméstica
A Comisión de Xustiza analizou a alarma social producida ante os últimos casos de violencia doméstica co obxectivo de plantexarlle ao xuíz decano as necesidades de creación dun sistema de rexistro de agresores e de axilización na celebración dos xuízos rápidos.
A Comisión de Xustiza, integrada por representantes dos grupos municipais e asociacións de colexios profesionais de avogados e procuradores, pretende que o xuíz decano de Vigo lle eleve á Xunta de Xuíces a necesidade de que se produza unha modificación de normas de reparto de asuntos de malos tratos para que a realización dos xuízos rápidos nos casos de violencia doméstica sexa efectiva.
Acordouse tamén instar á Fiscalía de Vigo para que inicie o procedemento que estime necesario para a creación dun servicio de violencia familiar e dun rexistro especial de causas de violencia doméstica, tal e como recolle a circular 1/1998 da Fiscalía Xeral do Estado no apartado sétimo. A proposta, que terá que ser ratificada polo Pleno da Corporación, inclúe a creación dun rexistro informático cos datos dos agresores, destinado a adoptar resolucións máis axustadas á hora de adoptar medidas cautelares contra os agresores e de protección para as víctimas. Neste sentido, debateuse sobre a coordinación das autoridades coa xudicatura respecto das medidas de alonxamento.