"Vigo é música" no Auditorio Municipal
O mércores 25 de febreiro ás 20,00 h terá lugar no Auditorio Municipal "Vigo é música", espectáculo creado polo Cuarteto Caramuxo a petición da Fundación Vigueses Distinguidos e o Concello de Vigo no que o grupo pasa polo seu persoal xeito de interpretar a música cun repertorio de pezas nas que a cidade de Vigo é a protagonista.Entrada de balde ata completar aforo<br />
Durante o espectáculo soarán músicas que van dende as cantigas medievais de Martín Codax ata as cancións da "movida viguesa" dos anos 80 pasando por clásicos como Para Vigo me Voy de Ernesto Lecuona ou a recuperación do pasodobre Vigo de Reveriano Soutullo.A coidada posta en escea e un aire festivo do que se contaxiará o público conseguirán que, máis que un concerto tradicional, sexa un espectáculo case teatral.
Para a ocasión e ao tratarse dun repertorio eminentemente cantado, Caramuxo conta coa colaboración da recoñecida cantante Mónica de Nut que mostrará a versatilidade da súa voz en tan ecléctico repertorio.
Descargar todas as imaxes