Escoitar

O Concello leva a APAMP a súa campaña didáctica de fomento da reciclaxe para escolares

O alcalde, Abel Caballero, visitou este xoves a sede da Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral, situada en Navia, onde o goberno de Vigo levou a súa campaña de fomento da reciclaxe, que está a percorrer en total 43 centros públicos da cidade para chegar a case 4.000 escolares. A iniciativa forma aos máis pequenos nas nocións básicas da reciclaxe mediante un videoxogo didáctico.

xoves, 19 feb 2015
1424354603apamp.JPG
A proposta municipal, levada agora a APAMP, procura a concienciación de preto de 4.000 rapaces cunha unidade móbil que percorre os 43 centros públicos de Vigo desde o pasado 14 de xaneiro e ata mediados de marzo. O vehículo porta unha pantalla na que os escolares amosan os seus coñecementos de reciclaxe mediante un videoxogo, tras ter recibido unhas nocións básicas ao respecto.

Abel Caballero, durante a súa intervención ante os medios de comunicación tras a visita á Asociación, asegurou que a accesibilidade é "un dereito" e o goberno que preside iniciará un procedemento para "ir sinalando barrios accesibles en Vigo".
Descargar todas as imaxes