Escoitar

Conclusións das Xornadas municipais "As violencias contra as mulleres a estudo. O patriarcado. Respostas do feminismo"

Durante os días 24 e 25 de outubro celebráronse en Vigo as xornadas municipais "As violencias contra as mulleres a estudo. O patriarcado. Respostas do feminismo" organizadas pola Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller.

xoves, 30 out 2014
1414673594420.jpg
Os relatorios que alí se puideron seguir foron:

"A violencia contra as mulleres: unha cuestión de orde pública" a cargo de Mª Mar Esquembre

" A nova misoxinia" a cargo de Nuria Varela

"Novos e vellos sexismos a través da linguaxe: por un contraargumentario feminista" a cargo de Olga Castro

Mesa Redonda "Achegas e respostas do movemento feminista" na que participaron Laura Quintas, Rosa Fontaíña e Luisa Ocampo

"O papel das mulleres ante a crise financieira" a cargo de Nieves Salobral.

Voluntarias deste Consello realizaron un resumo de cada relatorio e redactaron estas conclusións que difundimos para todas as persoas que asistiron e para aquelas outras que aínda que non asistiron teñen interese en coñecer o que alí se debateu.
Descargar todas as imaxes

Máis información