Escoitar

O alcalde reclama á Xunta que repoña en Vigo un pediatra especializado en reumatoloxía

O alcalde de Vigo uniu hoxe a súa voz á dos familiares de nenos afactados por reuma nas súas críticas á Xunta por retirar a un dos dous especialistas en reumatoloxía pediátrica que atendían en Vigo. Esixiu á Xunta o inmediato nomeamento dun especialista acreditado pola Asociación Española de Reumatoloxía Pediátrica.

venres, 29 ago 2014
1409318227P8302755.JPG
Abel Caballero apoiou hoxe públicamente a reclamación dun grupo de pais e nais con fillos afectados de reuma que critican á Xunta por retirar a unha dos dous especialistas que atendían en Vigo e nunca máis cubrir esta praza. Logo de manter un encontro con representantes destes familiares, o rexedor reclamou á Xunta que nomee de xeito inmediato a un profesional acreditado pola Asociación Española de Reumatoloxía Pediátrica xa que esta especialidade require de profunda preparación e formación. Estes enfermos, enfatizou, teñen que recuperar a atención sanitaria digna que tiñan ata o de agora e que a Xunta lles retirou "de xeito inentendible".

O rexedor uniu esta crítica á "situación insostenible" da administración autonómica coa sanidade da cidade, tal e como denunciou esta mañá na parcela que o Concello cedeu en 2008, a petición da Xunta, para que esta construira o centro de saúde de Bouzas. Refeiuse as declaracións da conselleira nas que negou esta construcción nunha visita a Vigo na que tamén advertiu de que obras do Meixoeiro xa non se van realizar, polo menos, ata maio de 2015. Non esqueceu o rexedor o desmantalamento do centro de saúde de Beiramar.
Descargar todas as imaxes