Todos os responsables das forzas de seguridade coinciden ao cualificar Vigo como "cidade segura"
No primeiro trimestre de 2014, Vigo rexistrou un descenso dun 3,8% no número de delictos respecto ao mesmo periodo do ano anterior. Así se puxo de manifesto durante a Xunta Local de Seguridade, que se celebrou hoxe mércores no Concello, presidida polo tenente de alcalde e concelleiro de Seguridade, Carlos López Font, e o subdelegado do Goberno, Antonio Coello.
A principal conclusión da Xunta Local de Seguridade que se celebrou hoxe mércores no Concello é que Vigo segue a ser unha "cidade segura", segundo anunciou o tenente de alcalde e concelleiro de Seguridade, Carlos López Font, nunha rolda de prensa posterior. Acompañado polo subdelegado do Goberno, Antonio Coello, o edil resaltou a importancia e os bos resultados que xera "unha boa cooperación" entre as distintas forzas de seguridade. Referiuse á continuidade do operativo nocturno a Policía Local realiza en colaboración coa Policía Nacional, asi como ao éxito de servizos contra a violencia de xénero no que están a rexistrar menos detencións, o que "supón un gran éxito social", unha diminución que tamén se percibe por quebrantamentos de condena.
Pola súa banda, Antonio Coello avanzou que no primeiro trimestre de 2014 o número de delictos cometidos en Vigo diminuíu nun 3,8%, segundo datos do Ministerio do Interior. Concretamente, os roubos con violencia en domicilios baixaron máis dun 30%, unha porcentaxe que se eleva a preto do 40% se estendemos este balance ata o mes de maio (os datos de abril e maio son aínda provisionais). Tal e como explicou o subdelegado do Goberno, se tomamos como referente o periodo de maio a maio, a baixada da delincuencia en 2014, sitúase nun 8,3% respecto a 2013.
Descargar todas as imaxes