Escoitar

657 dependentes vigueses son atendidos desde o Concello con preto de 3 millóns de euros

Abel Caballero deu conta esta mañá da incorporación de 34 persoas nos últimos tres meses ao Servizo de Atención no Fogar. Deste xeito, o Concello adica 2,9 millóns a atender a 657 dependentes que non teñén maís apoio que o municipal.

venres, 6 xuñ 2014
O Servizo de Axuda no Fogar ven de incorporar a 34 persoas nos últimos tres meses, polo que xa son 657 dependentes os que se atenden de xeito exclusivo desde o Concello. A partida orzamentaria para esta prestación é de 2,9 millóns, unha cifra de gasto social á que hai que sumar outros 2,5 millóns de axudas para alimentación, pobreza enerxética e vivenda. Durante a rolda de prensa, Caballero tamén se referiu á atención aos comedores escolares, asumida polo goberno local, "ante o abandono do goberno autonómico".

Na Xunta de Goberno local desta mañá tamén se aprobou o proxecto de convenio coa Cruz Roja para o servizo de primeiros auxilios e transporte sanitario nas praias de Vigo para 2014, un servizo sufragado únicamente polo goberno local, cun importe de 152.000 euros. Tal e como indicou Caballero ,os areais con asistencia son Samil, Rodas (Illas Cíes), Vao, Tombo do Gato (antes, A Fonte), Canido, Argazada, A Punta e Fontaíña. En Fortiñón (Saiáns) e en Figuera (Cíes) hai socorristas acuáticos, explicou.

Caballero tamén deu conta do proxecto de convenio con APAMP, Asociación de Familias de personas con parálisis cerebral, para un programa de dinamización infantil concretado nunha ludoteca. Cun orzamento de 50.000 euros, as instalacións están na rúa Sangunto, nun inmoble que a asociación xa ten cedido gratuítamente desde o Concello.