Escoitar

"No verán... un conto" incluirá 40 actividades de normalización lingüística nos próximos meses

No marco do Centro de Interpretación da Oralidade, a concelleira de Normalización, Isaura Abelairas, informou da organización na época estival, e en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas, dun "verán regueifeiro", con conferencias, actividades e xogos nas illas Cíes. Contadas, monicreques, música e contos son algunhas das actividades organizadas para público familiar.

martes, 27 mai 2014
1401191789normalizacion.JPG
A concelleira de Normalización Lingüística, Isaura Abelairas, presentou hoxe martes o programa "No verán... un conto" con preto de 40 actividades repartidas pola xeografía viguesa entre o 21 de xuño e o 13 de setembro. Contadas, monicreques, música e contos... son algunhas das actividades que para público familiar se organizarán ao longo dos dous próximos meses. Tamén para toda a familia se repetirá a saída formativa de confraternidade e que servirá para recoller herbas de san Xoán. Para os adultos, haberá charlas sobre talasonimia e toponimia das Cíes e máis camiñada.

Durante a rolda de prensa, na que estivo acompañada por Ana Carreira, coordinadora de narración do Centro de Interpretación da Oralidade, avanzou que este ano traballarase con outros xeitos de improvisar. A unión entre Regueifa e Rap, grazas ao programa Duplo R é xa un feito, e "agora imos achegar outras maneiras de improvisar que triunfan polo mundo adiante como é o Slam". Outra das actividades previstas, neste caso en colaboración co Parque das Illas Atlánticas, é un "verán regueifeiro", con conferencias e xogos nas Illas Cíes.

Ao éxito das actividades que xa se realizan neste sentido (con Poetas da Ostia, Silvia Penas, Iria Pinheiro...) imos desenvolver novos obradoiros de improvisación oral que acheguen estes xeitos de improvisar. Tamén continuar cos obradoiros de teatro improvisado, logo do éxito acadado nesta primeira experiencia.

Abelairas quixo poñer en valor que na Nouvel Sorbona de París organizaou un congreso de improvisación oral ao que foi convidado o Concello de Vigo para amosar o xeito de traballar do Centro de Interpretación da Oralidade. O obxectivo era explicar como se conserva desde Vigo o patrimonio inmaterial, combinando tradición e modernidade.
Descargar todas as imaxes