A Policía Local de Vigo custodia ao ano a máis de 400 condenados a permanecer no domicilio
A Policía Local de Vigo visitou ao longo de 2012 a 407 condenados a permancecer localizados no seu domicilio. Así o avanzou en rolda de prensa o concelleiro de Seguridade, Carlos López Font, quen explicou que este servizo de cooperación institucional é un traballo social "moi importante" e pouco coñecido pola opinión pública.
O responsable da Concellería de Seguridade, Carlos López Font, quixo hoxe poñer en valor o traballo da Policía Local que asume moitos máis traballos que os que se lle coñecen popularmente. Concretamente, o concelleiro referiuse a vixiancia, a instancias xudiciais, de condenados a permanecer localizados no seu domicilio. Os axentes fan a diario 3 visitas a distintas horas do día a unhas persoas que foron condenadas mayoritariamente por hurtos, inxurias, desobediencia á autoridade ou faltas leves e que cumpren penas sustitutivas de prisión no seu domicilio. E a sentencia xudicial, por suposto, a que determina o tempo que dura o control policial.
Font destacou a "importancia" e pocou recoñecemento desta labor policial que no ano 2012 permitiu vixiar a 407 persoas, o que supoñen 11.802 visitas a convictos que maioritariamente, pero non na súa totalidade, foron xuzgadas en Vigo. Destas persoas, o 71 por cento son homes e so un 2,5% do total quebrantan a condena, segundo aseverou López Font.
Descargar todas as imaxes