Caballero avoga por poñer en valor os montes de Vigo na presentación da súa marca e logotipo
O alcalde participou hoxe venres no acto de presentación da marca e logotipo "Montes de Vigo", co obxectivo de revalorizalos e identificalos coa cidade. Caballero respaldou a Comunidade de Montes e recordou que o Concello lles achega 240.000 euros para axudar á contratación de 33 persoas.
Vigo conta cunha importante superficie forestal e a Comunidade de Montes, xunto ao Concello de Vigo, quere poñelo en valor e identificalos coa cidade mediante unha nova marca e logotipo "Montes de Vigo".
Caballero resaltou que a cidade acolle os parques forestais de Beade, Bembrive, do Cepudo, dos Pozos, San Miguel de Oia, Vixiador, Saiáns, A Madroa en Teis, San Andrés de Comesaña, Coruxo e o parque da Guía.
O do Vixiador, onde tivo lugar o acto de presentación deste venres, é un claro exemplo de implicación en tarefas de reforestación. Polo día da árbore, o Concello organizou unha plantación de 65 árbores autóctonas con 15 alumnos de Primaria. Ademais, estanse retirando actualmente especies invasoras para potenciar a presencia das autóctonas nos parques forestais de Vigo.
Descargar todas as imaxes