Caballero di que a mostra Tecnorrevolución "reforza a nosa visión" do Vigo da "tecnoloxía e da investigación"
O alcalde asistiu este xoves á apertura desta mostra tecnolóxica interactiva, posta en marcha en Samil pola Obra Social "La Caixa" en colaboración co Concello de Vigo durante o mes de agosto. A exposición "ten que ver cunha cidade investigadora e cunha gran capacidade tecnolóxica", asegurou Caballero.
Abel Caballero amosou este xoves a súa "satisfacción" pola presencia en Vigo desta mostra itinerante, na praia de Samil durante o mes de agosto. O rexedor indicou que Tecnorrevolución "ten que ver cunha cidade investigadora, cunha gran capacidade tecnolóxica" e "reforza a nosa visión da importancia das tecnoloxías e da investigación".
Esta exposición, situada na Praia de Samil e organizada pola Obra Social "la Caixa", coa colaboración do Concello de Vigo, descubre os avances en tecnoloxías converxentes. Durante a última década, a Ciencia e a Tecnoloxía multiplicaron a súa contribución ao progreso e ao desenvolvemento da sociedade grazas, tal e como defende a Comisión Europea, á "máis grande iniciativa de investigación do século XXI": a Converxencia Tecnolóxica.
O obxectivo da mostra é dar a coñecer as tecnoloxías converxentes: a Nanotecnoloxía, a Biotecnoloxía, as Ciencias da Información e Comunicación e as Ciencias Cognitivas. A mostra presenta, dun xeito directo e interactivo, as aplicacións da converxencia entre estas disciplinas e o seu uso na nosa vida cotiá, feitos que están provocando unha auténtica revolución en campos tan diferentes como a medicina, a agricultura, a alimentación, a educación ou a arte.
Quere saber os últimos avances en medicina? Cre que pode mover obxectos coa mente? Estas e moitas outras cuestións seranlle respondidas a través da visita á exposición e a realización de actividades complementarias en "Tecnorrevolución", unha exposición que pretende fomentar as vocacións científicas e mostrar a gran repercusión que esta converxencia tecnolóxica ten na nosa sociedade actual.
No marco desta exposición ofrécense:
- Visitas guiadas gratuítas: dirixidas a centros educativos, entidades e asociacións. Para concertar unha visita é necesario chamar ao teléfono de información 902 906 666.
- Visitas guiadas para público xeral:
De luns a venres: ás 19:00 h.
Sábados, domingos e festivos: ás 12:30 h e ás 19:00 h.
Para máis información poden chamar ao teléfono de información 902 906 666.
- Acceso gratuíto: de luns a venres de 11:00 h a 14.00 h e de 16:00 h a 22:00 h. Sábados, domingos e festivos de 12:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 22:00 h.
Ademáis, con motivo da celebración da Noite Branca en Vigo, o venres 9 de agosto a exposición permanecerá aberta ata as 02:00 h.
Descargar todas as imaxes