O goberno local redeseña a fonte de Rosalía de Castro cunha nova iluminación eficiente
O alcalde asistiu este mércores á posta en marcha da fonte de Rosalía de Castro, que conta cun novo deseño máis eficiente e chamativo, con tecnoloxía led, control de luces e dinamismo nos chorros de auga. A mellora supuxo un custe de 40.000 euros para o Concello
O Concello de Vigo ven de redeseñar a fonte de Rosalía de Castro, sita na intersección do vial que leva o seu nome con República Arxentina, con nova iluminación eficiente e chorros dinámicos de auga.
Segundo informou Abel Caballero, a fonte "levaba un tempo parada" por unha "gran avaría" derivada da mala construción da mesma. Houbo un derrubo interior na sala da maquinaria que opera a fonte, o que obrigou a unha reparación "complexa", orzamentada en 40.000 euros.
O alcalde de Vigo recordou que "este é o ano de Rosalía" de Castro, ao cumprirse 150 anos da publicación de "Cantares Gallegos" na viguesa rúa Real, polo que considerou "un bo momento para pór en funcionamento a fonte".
Descargar todas as imaxes