O Goberno local buscará fórmulas legais para que os traballadores públicos non perdan capadidade adquisitiva
O alcalde de Vigo convocará o próximo venres 14 de setembro unha reunión co comité de empresa do Concello para "visualizar vías que permitan que o poder adquisitivo dos empregados públicos non se vexa reducido pola decisión de Rajoy" de suprimir a paga extra de decembro. Puntualizou que esta medida non se vai aplicar nin aos cargos públicos nin ao persoal eventual de nomeamento político.
Abel Caballero manterá un encontro co comité de empresa do Concello o próximo venres 14 de setembro para, en primeiro lugar, "visualizar vías que permitan que o poder adquisitivo dos empregados públicos non se vexa reducido pola decisión de Rajoy" de suprimir a paga extra de decembro. Trátase, indicou, de amosar o apoio do Goberno municipal aos traballadores públicos na mesma medida que noutros momentos se lles deu aos empregados de Povisa, de Citroën, do naval ou de Grafinsa, exemplificou, "porque os traballadores están sendo obxecto dunha terrible agresión". Defendeu a "productividade, eficiencia e eficacia" do traballo dos empregados públicos de Vigo e avanzou o "escrupuloso" cumprimento do decreto aprobado polo Goberno Central que estipula que os importes das retribucións a percibir polo persoan neste ano non poden superar, en ningún caso, os abonados no ano 2011, minorados na cuantía das pagas a suprimir. Avanzou a posibilidade de convocar a mesa de convenio, "buscando todos os mecanismos para facer frente a este ataque contra os traballadores".
Durante a súa comparecencia, anunciou que esta medida "non se aplicará nin aos cargos públicos nin ao personal eventual de nomeamento político" polo que so beneficiará aos traballadores - funcionarios o contratados- do Concello, puntualizou.
Durante a súa comparecencia, anunciou que esta medida "non se aplicará nin aos cargos públicos nin ao personal eventual de nomeamento político" polo que so beneficiará aos traballadores - funcionarios o contratados- do Concello, puntualizou.