Escoitar

A revista “ A festa da palabra” recollerá una escolma de poesías feitas por mulleres

martes, 24 abr 2001
imx150.jpg
A concelleira da Muller, Ana Gandón, e a representante de Feministas Independentes Galegas, María Xosé Queizán, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a coedición do número 16 da revista “ Festa da Palabra” e a realización do ”III Taller Literario para Narradoras en Lingua Galega”.

A Festa da Palabra é unha publicación cultural que saíu a rúa por primeira vez no ano 1983 e que estaba integramente realizada por mulleres, para potenciar e promover a súa creación literaria.

O número 16 de revista, da que se editarán 1.000 exemplares, adica un monográfico á poética feminina, centrándose no ” Movemento Poético da Festa da Palabra”, que está sendo un fito na traxectoria lírica galega desta época. Ademais a revista contará coas seccións habituais de temas varios, crítica e creación.

O convenio asinado hoxe tamén recolle a realización por parte de Feministas Independentes Galegas do “ III Taller Literario para Narradoras en Lingua Galega” concibido como un programa de acceso á revista de novas escritoras.
Descargar todas as imaxes