O rexedor presenta unha cabalgata "austera" cun aforro de 75.000 euros respecto a 2011
Abel Caballero realizou está mañá unha visita ao Ifevi onde xa están as carrozas nas que mañá percorrerán Vigo as súas Maxestades de Oriente. O rexedor quen explicou que este ano a temática da cabalgata son os bosques e o medio ambiente, destacou a "austeridade" desta festa infantil na que se investiron 175.000 euros, 75.000 euros menos que no 2011.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou hoxe que as carrozas reais deste ano teñen o medio ambiente e a natureza como motivo especial, xa que 2012 é o ano dos bosques, polo que no desfile poderán verse animais, prantas árbores... Nunha visita ás instalacións do Ifevi, onde se atopan as carrozas, o rexedor destacou a "austeridade" da cabalgata , xa que se investiron 175.000 euros, 75.000 euros menos que no 2011.
As súas Maxestades os Reis chegarán a Vigo mañá ás 17,30 horas e será na Porta do Sol onde o alcalde lles entregue as chaves da cidade e a carta coas peticións de todos os vigueses. As 18,30 horas, a comitiva real sairá do nó de Isaac Peral e percorrerá García Barbón, Policarpo Sanz e Porta do Sol.
O rexedor animou a todos os vigueses e viguesas a participar desta festa infantil, na que este ano formarán parte entre 13 ou 14 carrozas e aproveitou a súa intervención para solicitar aos asistentes coidado co mobiliario urbano.
Descargar todas as imaxes