Disposición complementaria quenda de descanso no sector do autotaxi
<br />
Ponse en coñecemento dos profesionais do sector de autotaxi da Cidade de Vigo, como parte interesada, que con motivo da entrada en vigor da mesma, o seguinte:
A partir do 19 de mes en curso, de conformidade co contido da Disposición complementaria citada, iniciarase o descanso de 92 autotaxis diarios, de 0 a 24 horas, correspondendo ao citado día 19 ás licenzas nº 1 a nº 92 e continuando con 92 taxis cada día até os 553.
Coa finalidade de distinguir os vehículos autotaxis aos que corresponde o descanso, todos irán dotados dun distintivo de cor, que irá colocado na parte superior traseira e que serán os seguintes:
LICENZAS COR
1 a 92 Vermella
93 a 184 Azul
185 a 276 Verde
277 a 368 Morado
369 a 460 Marelo
461 a 553 Gris
O devandito distintito será colocado nos vehículos autotaxi na Cooperativa de Autotaxis, así como na Area de Mobilidade, Transporte e Seguridade do Concello de Vigo, os días 14 e 15 de outubro de 2010, de 8.30 a 10 horas, á carón da parada de Taxis do Concello (Paseo de Granada).
Quedan excluídos da obrigatoriedade do descanso obrigatorio ás licenzas que presten servizo no aeroporto de Vigo de conformidade co réxime específico ditado pola Xunta de Galicia; así como as licenzas de eurotaxi que soamente poderán prestar servizo nos citados días ás persoas de mobilidade reducida en atención ás necesidades dese colectivo.
O incumprimento do contido da Disposición Complementaria para regulación das quendas de descanso no sector de autotaxi aprobada polo Pleno do Concello de Vigo, será considerado como falta moi grave, segundo o establecido no artigo 36.d) da Ordenanza Municipal reguladora do Servizo de Autotaxi, sancionábel, segundo o artigo 37.1.C), con suspensión da licenza ou do permiso municipal de condutor até un ano ou retirada definitiva do permiso municipal de condutor, ademáis da posíbel sanción económica de 90,15 €.