Abel Caballero anuncia que a recuperación do humidal da Bouza estará rematada en primavera
Abel Caballero visitou na mañá deste xoves o espazo natural situado na conca dereita do río Lagares e no que estan representadas poboacións de invertebrados, reptís e aves así coma vexetación de ribeira. O alcalde adiantou que quere convertir a Bouza nun dos grandes humedais urbanos de España e que se está a traballar tamén para a posta en valor dos humidais do Vao, Goberna e Muíños.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou que os traballos comenzaron hai dous meses co desbroce e limpeza do humidal da Bouza, en Coia, e que a súa recuperación e posta en valor estará finalizada na vindeira primaveira. Segundo explicou o alcalde socialista o obxectivo é traballar na educación e sensibilización ambiental da poboación, na divulgación e na importancia da conservación destes espazos.
Os traballos que se levan a cabo nos diferentes humidais de Vigo consisten na limpeza, na delimitación física e na instalación de paneis informativos nos que figuran a fauna e a flora de interese para a súa conservación. De feito o rexedor incidiu en que nestes espazos naturais habitan algúns animais que están en perigo de extinción. Outra das iniciativas será a ubicación de miradores de aves e de caixas nido.
Abel Caballero explicou tamén que para levar adiante os traballos buscaráse a cooperación do Ministerio de Medioambiente, Medio Rural e Marino, a través da Dirección General de Biodiversidad.
A actuación que leva a cabo o goberno local, de man da concellería de Medioambiente, reforzaráse cun estudio no que se catalogará a biodiversidade, se evaluará o seu estado de conservación e se proporán actuacións, tanto de conservación coma de revalorización.
Descargar todas as imaxes