Escoitar

A entrada en funcionamento da beirarrúa da Avenida de Europa cambia os hábitos de aceso peonil a Samil

Dende que remataron os traballos na marxe esquerda da Avenida de Europa as persoas transitan, case que na súa maioría, pola recén inaugurada beirarrúa. O goberno socialista investiu preto de medio millón de euros nesta actuación, na que se instalaron bancos, árbores, farolas e áreas de descanso.

xoves, 19 ago 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu en que desde o remate das obras a pasada fin de semana cúmprese o soño de moitos cidadáns de poder realizar o traxecto de Coia a Samil pola Avenida de Europa a través dunha beirarrúa "moderna e diferente". "Agora os hábitos de aceso peonil cambiaron, todo o mundo ven pola marxe esquerda da Avenida de Europa", asegurou Caballero.

Aparcamentos
Esta mellora no acceso ao areal súmase ademáis as novas prazas de aparcamento gratuítas creadas na zona de Samil. En total, tal e como relatou o alcalde socialista, case que 300 prazas distribuidas entre a pista de aeromodelismo (25), Macdonalds (30), Avenida de Europa (65 -éstas pendentes dun recurso-) e Alcabre (75). A elas hai que engadir as resultantes da prohibición de aparcamento de autobuses en Samil que liberaron outras 90 prazas.

Abel Caballero explicou ademáis que a Policía Local lle transmitiu que os novos espazos para aparcar estánse a notar e destacou que éste é un verán "con mellor tráfico". Todo elo, segundo explicou o alcalde, contribúe a contar con "mellores praias".