Escoitar

O Plan Estratéxico de Vigo estará redactado o próximo ano

luns, 9 abr 2001
imx108.jpg
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo e os rectores das Universidades de Vigo e a Autónoma de Madrid, Domingo Docampo e Raúl Villar, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a elaboración e redacción do Plan Estratéxico de Vigo e a súa Área.

O primeiro obxectivo do Plan Estratéxico é realizar un diagnóstico consensuado sobre a situación económica, social e institucional de Vigo, o seu posicionamento competitivo e a súa capacidade de resposta ante a entrada na Unión Económica e Monetaria. O seguinte paso será seleccionar as estratexias e accións prioritarias das actuacións públicas e privadas para promover o desenvolvemento de Vigo a longo prazo.

O convenio establece a colaboración das tres institucións en todas as fases da elaboración do Plan Estratéxico, e decir, o diagnóstico , posicionamento e visión estratéxica, eixos e programas, organización e seguimento e síntesis final. Os traballos deberán estar rematados en quince meses, segundo figura no convenio asinado hoxe.

A Universidade Autónoma de Madrid, por medio do grupo de traballo que dirixe e coordinada o catedrático de Economía, Antonio Vázquez Barquero, comprométese a aportar os medios, persoal técnico e infraestructura necesaria para a realización dos traballos.

A Universidade de Vigo, por medio do equipo que coordina o catedrático Jorge González Gurriarán, comprométese á elaboración do bloque temático “ Dinámica do sistema productivo” e a participar na coordinación dos traballos do Plan Estratéxico en relación o devandito bloque temático.
Descargar todas as imaxes