Escoitar
O PILI -programa de inmersión en lingua inglesa- 2009 permite a estadía de 125 alumnos/as, en réxime de inmersión linguística, durante tres semanas, dende o 12 de setembro ao 3 de outubro en cinco localidades inglesas:

125 estudantes do programa de inmersión en lingua inglesa parten o sábado a Londres<br />

Esta iniciativa didáctica municipal ten como obxectivo primordial ofrecer ao alumnado de 4º de ESO dos institutos públicos da nosa cidade a oportunidade de mergullarse na lingua e cultura británicas e aprender nas escolas locais en réxime de integración co alumnado nativo.<br /> <br />

venres, 11 set 2009
1252662512pilivigo.jpg
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria do 13 de Xullo de 2009, adoptou entre outros o acordo de adxudicar definitivamente a Newlink Mc Kinney-Pascual S.L. o a contratación dos servizos de execución do programa de inmersión en lingoa inglesa.

Esta nova do PILIVIGO tentará seguir promovendo a mellora da capacitación en lingua inglesa, dentro do marco do programa educativo municipal "Aulas Internacionais", e posibilitará a distribución en grupos de 25 alumnos/as nas seguintes localidades e centros escolares ingleses de integración:
-Localidade de Sheffield no centro escolar "All Saints Catholic High-School.
-Localidade de Norwich no centro escolar "Hethersett Old Hall School".
-Localidade de Loxley no centro escolar "Wisewood School and Community Sports College".
-Localidade de Subiton no centro escolar "Southborough High School".
-Localidade de Swinton no centro escolar "Switon Community College".

O cronograma previsto da viaxe é o seguinte:
SAÍDA 12/09/09 Datos Voó VY-3203 Vigo Peinador 15:55 hs – Londres Heathrow 16:50 hs
REGRESO 03/10/09 Datos Voó VY-3204 Londres Heathrow 17:35 hs – Vigo Peinador 20:30 hs

O disfrute das becas PILIVIGO 09 inclúen o importe da matrícula no programa lectivo e o material necesario para completalo, así como os custos de aloxamento en familias anfitrioas en réxime de pensión completa, gastos derivados da organización de actividades extraescolares e lecer e visitas didácticas a centros de interese do país de acollida (que desenvolveranse en inglés e guiadas por monitorado bilingüe), importe das viaxes de ida de volta, transporte urbano ata o centro de ensino de integración asignado, e seguros de viaxe e responsabilidade.
Descargar todas as imaxes

Máis información