O alcalde destaca o "traballo excepcional" dos servizos de praias vigués
Abel Caballero visitou este luns a praia de O Vao para observar de primeira man o "traballo excepcional" que desempeñan o servizo de salvamento e socorrismo nos areais vigueses. O alcalde fixo balance das actuacións levadas a cabo polos socorristas, a brigada Seguridade Costa e Praia da Policía Local e a Cruz Vermella; a gran maioría, picaduras de fanecas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este luns as instalacións do servizo de salvamento e socorrismo vigués no areal de O Vao, onde felicitou aos traballadores polo "traballo excepcional" que están a desempeñar este verán.
A sección Seguridade Costa e Praia da Policía Local, a Cruz Vermella e o servizo de salvamento e socorrismo do Concello de Vigo efectuaron un "importante número" de actuacións durante os meses de xuño e xullo, salientou o rexedor, a maior parte delas "de ámbito menor", destacando as picaduras de faneca.
Abel Caballero explicou que salvamento tivo "actuacións de gran importancia", en especial seis rescates que poderían derivar nunha "situación moi seria" de non ter sido pola intervención.
O alcalde citou a felicitación de ADEAC, a empresa encargada de outorgar as bandeiras azuis, á cidade de Vigo pola coordinación dos seus servizos nas praias, e adiantou que o vindeiro 2009 o Concello tratará de conservar as bandeiras azuis que obtivo este ano e retomar a de Argazada, considerada este ano pola Dirección Xeral de Costas como parte de Samil, feito polo que non obtivo o galardón.
Abel Caballero mostrouse "satisfeito" polo "funcionamento e limpeza" dos areais da cidade e fixo un chamamento para que todos se acheguen "as mellores praias do mundo".