Escoitar

O tenente de alcalde destaca o valor turístico da primeira Ruta de Automóbiles Antigos Vigo-Costa da Morte-Santiago<br />

O tenente de alcalde, Santi Domínguez salientou o aspecto turístico da primeira Ruta de Automóbiles Antigos Vigo- Costa da Morte- Santiago de Compostela, á que lle deu a saída este mércores no museo Verbum- Casa das Palabras. Dende Vigo partiron 25 participantes que, tras percorrer máis de 400 kilómetros divididos en sete etapas, chegarán á cidade compostelá o vindeiro sábado, 26 de xullo.<br /> <br />

mércores, 23 xul 2008
1216817145antigos.jpg
Santi Domínguez sinalou que o apoio da Tenencia de Alcaldía a esta iniciativa ten como obxectivo potenciar a posta en valor dunhas pezas que xa constitúen "parte do legado histórico e cultural da nosa sociedade".

Tras partir hoxe de Vigo, os participantes teñen previsto cubrir esta mesma tarde a segunda etapa, de 84 kilómetros, que os levará ata Carballo. Xa mañá, na terceira etapa, de 42 kilómetros, percorrerán Caión, Razo e Malpica, e de alí, xa pola tarde, na seguinte etapa de 87 kilómetros, voltarán de novo a Carballo. O venres, 25 de xullo, terá lugar a quinta etapa, de 79 kilómetros, que os levará de Carballo a Muxía, pasando por Vimianzo e Camariñas.

Na sexta etapa, de 88 kilómetros, e tras pasar por Touriñán, Frixe e Pereiriña, os participantes voltarán a Carballo, de onde sairán o sábado, 26 de xullo, na sétima etapa de 45 kilómetros, con destino a Santiago. O derradeira etapa, que terá lugar o mesmo sábado pola tarde, será unha etapa urbana, de xeito que percorrerán as principais rúas compostelás. Finalmente, o domingo 27 de xullo, e tras as diversas incorporacións de participantes, celebrarase unha concentración dos vehículos e un paseos polas rúas santiaguesas.
Descargar todas as imaxes