Caballero urxe ao Ministerio de Cultura o inicio da construcción da Biblioteca do Estado
O alcalde enviará unha carta ao ministro de Cultura, Ernest Urtasun, reiterando a necesidade de iniciar de forma inmediata a construción da Biblioteca do Estado. O Concello aprobou de xeito definitivo a cesión gratuíta dunha parcela municipal de 6.000 m2 situada na rúa Lalín.
Na Xerencia de Urbanismo da semana que vén darase conta da aprobación definitiva da cesión gratuíta ao Ministerio de Cultura dunha parcela municipal situada na rúa Lalín e no Camiño Chouzo para construír a Biblioteca do Estado en Vigo. Caballero achegouse esta mañá á parcela de 6.000 m2 que leva un ano a disposición do Ministerio polo que urxiu o inmediato inicio desta construción.
Caballero avanzou o envío dunha nova notificación sobre a cesión ao Ministerio, unha vez finalizado o período de exposición pública sin que se presentaran alegacións. Neste punto, destacou a necesidade de levar a cabo un proxecto “singular”, evitando opcións como edificios xa construídos que non se adaptan ás necesidades desta nova dotación.
Na súa intervención, o alcalde fixo un repaso pola cronoloxía deste proxecto lembrando que o Goberno de España adquiriu este compromiso coa cidade no ano 2007, con César Antonio Molina como ministro. Coa chegada de Mariano Rajoy á presidencia do Goberno, dixo, a iniciativa desapareceu incluso dos orzamentos e non volveu ser retomado ata 2018, coa chegada de Pedro Sánchez á Moncloa, con José Guirau como responsable de Cultura. No ano 2023, Miquel Iceta cifrou o orzamento en 22 millóns. O rexedor recoñeceu as dificultades para acometer este investimento nestes mometnos debido á falta de orzamentos estatais pero instou ao ministro a arrancar co proxecto con recursos propios dado que “é fundamental para a nosa cidade”.
Rematou aclarando que Vigo é a única gran cidade de España sen Biblioteca do Estado polo que estamos nun momento “ilusionante”.