Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 11 de outubro de 2013

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno local creará 331 novas prazas de aparcamento nos aledaños da rúa Teixugueiras

A Xunta de Goberno local deu luz verde á contratación das obras para construir o aparcamento no Polideportivo de Navia. A estas 46 prazas, sumaránse 200 que chegarán co novo polideportivo e outras 85 coa nova redonda de Ricardo Mella.


Abel Caballero deu conta da aprobación do expediente de contratación das obras para a adecuación da parcela para o aparcamento no Polideportivo de Navia. Tal e como dixo, serán 46 prazas que estarán rematadas en 3 meses, cun orzamento de 250.000 euros. O alcalde lembrou que o entorno de Teixugueiras contará con outras 200 prazas que chegarán da man do polideportivo previsto que xa está en fase de concurso, e outras 85 procedentes do novo acceso desde a rotonda de Ricardo Mella ata a rúa Teixugueiras.

O rexedor referiuse tamén ao proxecto de modificado para a humanización da rúa Aragón que, sen coste adicional, permitirá a construcción dun parque infantil na intersección da rúa con Redomeira e Padre Celso, así como a posta en marcha dunha área biosaludable entre os números 81 e 87 da rúa Aragón. Estes parque súmanse aos 140 que construío o goberno lcoal nos úlitmos anos.

Outro dos proyectos que recibiron luz verde na Xunta de Goberno local de hoxe foi a renovación das redes de saneamento e abastecento da rúa Boán. Deste xeito, explicou, acompetermos obras nunha zona na que non se facía nada desde hai máis dun século. As obras previstas ascenden a 350.000 euros.
Mais noticias
O rexedor avanza unha enmenda aos PGE para que o Goberno inclúa os 300.000 que lle adicaba ao MARCO
O Concello promove en Castrelos unha ordenación con vivendas, zonas verdes e un carril bici
O alcalde anuncia o inicio de construcción da escola infantil de Navia e a próxima apertura da de Castrelos
Cinco familias desfiuzadas vivirán en pisos de titularidade municipal en Navia


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003